Skip to contentSkip to footer
Club Arteixo Balonmán

Club Arteixo Balonmán
Club Arteixo Balonmán

Iniciar sesión

CRONICAS 08, 09 E 12/11/2025

13th November 2025

Club Arteixo Balonmán

PARRILLADA LA RONDA SENIOR MASCULINO

Importante victoria a que conseguía hoxe o noso equipo Senior na cancha do BM Pontedeume ante o
@dispesancafe .

Partido Moi igualado que se decidiu nos derradeiros 5 minutos .
Os ataques das duas escuadras durante todo o encontro mandaban sobre as defensas.
15-15 ao descanso.

Os dous equipos estiveron nun intercambio de goles constante onde nunca se marchaban no electrónico Cando ian por diante .

As rendas máximas no marcador foron de dous goles de diferencia nun partido onde calqera puido levar a victoria .

Foi nun tempo morto visitante cun troco de sistema defensivo onde os de Arteixo conseguiron roubar un par de balons e abrir Unha última renda de dous goles a falta de 15 segundos .

A derradeira posesión dos locales acabou en gol coincidindo co pitido final cun marcador de 29-30 para os de Arteixo que adiantan aos do Eume na tabla clasificatoria .

Bonito partido o vivido hoxe na Casqueira onde houbo un gran espectáculo de balonman conseguindo vencer os de Arteixo na cancha do líder .

IMOS ARTEIXO!!!
🖤💛

image

TELEPIZZA CADETE MASCULINO

Gran partido dos nenos de Telepizza que visitaban Lugo para enfrentarse ao CP Lucense.
Os de Arteixo empezaban erráticos en ataque na primeira metade 18:10 ao descanso .
Na reanudación o troco defensivo dos nosos permitía que os de Arteixo tuteasen ao seu rival no segundo tempo, cun moi bo parcial de 16-15 .
Gran traballo de este grupo que sigue medrando partido a partido .
Hoxe foi derrotado por un rival moi superior no plano físico , Ainda que nunca baixaron os brazos e celebraron a sua boa actuación no segundo tempo .
34-25 para o equipo local .
BRAVO RAPAZADA!!!
🖤💛

image

GRABADOS CALVO INFANTIL FEMENINO

Partidazo das nosas nenas de @grabadoscalvo que viaxaban a Lugo para enfrentarse ao CP Lucense.
A seriedade defensiva e a aportación en portería das nosas foi determinante para decantar o encontro .
Todas estiveron a un gran nivel e moi concentradas durante todo o partido , aportando minutos de calidade .
Finalmente 5-32 para as de Arteixo que estiveron moi serias durante todo o partido .

BRAVAS NENAS !!!
🖤💛

image

LA FABRICA INFANTIL MASCULINO

Os nosos infantiles de @lafabricaarteixo viaxaban a Lugo para xogar ante un gran rival .

Os nosos nenos competiron moi ben na primeira metade 13-10 ao descanso .
Na reanudación o cansancio fixo moito Dano aos de Arteixo con varias baixas .

Ainda así moi boas sensacions nos deixa este equipo que con moitos alevins nas suas filas e quen de loitar sempre contra todos os equios .
33-21 para os locales que foron superiores .

IMOS ARTEIXO!!!
🖤💛

image

O PETISCO ALEVIN 7

@opetiscoarteixo xogaba contra o Linea 21
Partido bastante igualado e competido, do que se poden sacar cousas positivas e aspectos a mellorar.
Tiveron un terceiro tempo de desconexión no que non deron saido as cousas pero conseguiuse correxir no último cuarto cunha boa actitude.

A seguir medrando equipo!!!
IMOS ARTEIXO !!!
🖤💛

image

GPC INNOVA ALEVIN 7

Partidazo das nosas nenas de @gpcinnova que ante un rival mais físico foron quen de competir sin rendirse.
As nosas estiveron ben posicionadas en defensa e conseguían moitas situacions de lanzamiento Ainda que sin moito acerto.
O equipo de culleredo conseguía aproveitar a sua forza para sacar vantaxe pero Ainda así as nosas loitaron ata o final.
Moi boa actitude a de este equipo que ten unha gran proyección e cada día xoga mellor.

BRAVAS NENAS !!!
🖤💛

image

MARTIN OPPORTUNITY BM 5

@martinopportunityarteixo comenzaba hoxe a competición en Galán ante o xiria.
Os nosos nenos xogaban un partido moi completo ante cunha moi boa defensa .
Todos os nenos participaron e aportaron Bos minutos destacando a todo o grupo que fixo un gran traballo en equipo .
BRAVO RAPAZADA !!!
🖤💛

image

RESTAURANTE ABUIN BENXAMIN MIXTO

Hoxe debutaron os mais peques do clube en Bm 5 ante o xiria.
Os nos@s nen@s foron de menos a mais no partido e estiveron algo imprecisos no inicio onde cometeron moitos erros.
Nos derradeiros tempos do partido foron quen de competir mellor ante un bo rival .
O pasamos moi ben nun encontro típico de principio de tempada .

ISTO ACABA DE EMPEZAR!!!
BRAVO RAPAZADA !!!
🖤💛

image