Skip to contentSkip to footer
Club Arteixo Balonmán

Club Arteixo Balonmán
Club Arteixo Balonmán

Iniciar sesión

CRONICAS 12, 15 E 16/11/2025

19th November 2025

Club Arteixo Balonmán

PARRILLADA LA RONDA SENIOR MASCULINO

Victoria a domicilio do noso equipo senior na cancha do Balonman Alca.
Os nosos empezaron moi ben cun parcial de 5:1 pero o equipo local reaccionó despois dun tempo morto e conseguiu igualar o marcador 7-7.

Un tempo morto visitante de novo poñia aos de Arteixo por diante 8-11 ao descanso .

Na reanudación un equipo local moi competitivo conseguía de novo acercarse no electrónico.

Nos derradeiros minutos o traballo defensivo dos nosos non encaixando gol nos derradeiros 14 minutos fixo que finalmente os nosos levaran a victoria por un 24-27 final .

Victoria moi traballada e sufrida ante un bo equipo nunha cancha complicada .
IMOS ARTEIXO!!!💛🖤

image

REPRINT ARTEIXO CADETE MASCULINO

@reprint.es xogaba onte en Galán ante o Bm Atlántico .
Os de Arteixo tras uns minutos de intercambio de goles 7-7 ( no inicio da primeira parte ) foron quen de rachar o encontro grazas a férrea defensa e rápidas contras 23-10 ao descanso .
Na reanudación o bo traballo defensivo e do noso porteiro seguía facendo moi difícil a ofensiva do equipo de Oleiros que nunca baixou os brazos.
Os nosos cun bo xogo colectivo ofensivo seguían mantendo a vantaxe no segundo tempo a pesar de ter moitos erros de lanzamento.
Finalmente 38-21 para o noso equipo cadete que fixo un partido Moi completo onde todos os xogadores do plantel aportaron minutos de calidade.
Agradecer ao @atlanticobalonmano as facilidades para poder disputar este partido aprazado da xornada 4 .

IMOS ARTEIXO!!!
🖤💛

image

TELEPIZZA ARTEIXO CADETE MASCULINO

Telepizza Arteixo enfrontabase ao Xiria
Un inicio cunha boa defensa que permitía manternos contra un rival moi físico
As perdidas en ataque e a superioridade física do rival permitían ao rival distanciarse tras o intercambio de goles inicial, chegando ao descanso 8:28

Na reanudación varias pérdidas seguidas e fallos en lanzamentos claros permitiron ao rival distanciarse mais, ainda así conseguindo anotar con boas combinacions de pases. A baixada da intensidade defensiva permitiu ao rival distanciarse ainda mais, rematando 13:43

IMOS ARTEIXO!!!
💛🖤

image

GRABADOS CALVO ARTEIXO INFANTIL FEMENINO

Partido Moi serio das nosas nenas de @grabadoscalvo ante o xiria .
O gran traballo da nosa defensa e portería permitía que as nosas fixeran un encontro moi completo ao contrataque .
22-11 ao descanso .
Na reanudación a tónica era a mesma e os erros do rival foron aproveitados con eficacia polas nosas guerreiras que loitan sempre cada balón
Finalmente 46-23 para un equipo que merece estar no mais alto polo gran traballo que está levando a cabo .
BRAVAS NENAS !!!
🖤💛

image

LA FABRICA ARTEIXO INFANTIL MASCULINO

Partido irregular dos nosos infantiles de @lafabricaarteixo ante o xiria 31-46
Os nosos nenos tiveron bos momentos de balonman sobre todo na primeira parte ante un gran rival .
Os excesivos erros de lanzamento e pérdidas en ataque lastraron moito ao noso equipo que TiVo posibilidades de acercarse no electrónico.
Na segunda metade a boa defensa visitante complicaba moito o noso ataque e finalmente os de carballo levaron a victoria con facilidade

IMOS ARTEIXO
🖤💛

image

O PETISCO ALEVIN 7 MIXTO

Partido Moi completo dos nosos alevins de @opetiscoarteixo ante o brigantium.
Os nosos nenos grazas a Unha boa defensa conseguiron mandar no encontro con moitos roubos de balón e saidas ao contrataque .
Destacar a todo o grupo que aportou cousas moi positivas ao partido .
BRAVO RAPAZADA !!!
🖤💛

image

GPC INNOVA ALEVIN 7 MIXTO

Partido Moi ben competido das nosas nenas de @gpcinnova ante o Bm culleredo hoxe en Tarrio .
As nosas nenas foron quen de competir ante un bo equipo.
Siguen mellorando en cada partido .
BRAVAS NENAS !!!
💛🖤

image

MARTIN OPPORTUNITY ALEVIN 5 MIXTO

Bo partido dos nosos alevins bm5 @martinopportunityarteixo ante o culleredo .
Os de Arteixo xogaban ante un rival mais físico e forte en defensa .
Ainda así foron quen de competir e facer un bo partido .
Seguimos mellorando cada semana .
IMOS ARTEIXO!!!
💛🖤

image

RESTAURANTE ABUIN BENXAMIN MIXTO

Os nosos peques volveron a disfrutar de un gran partido de balonman ante o culleredo .
s nos@s xogaron moito mellor que a semana pasada ante un bo rival .
Hoxe en Galán fixeron un Bo encontro ante o numeroso público que se deu cita na instalación.
GRAN TRABALLO
RAPAZADA !!!
💛🖤

image