
21.11.2025
Quen somos?
Somos un club fundado no 2014 con mais de 100 licencias federativas no concello de Arteixo, con adestradores con titulacións superiores (licenciados e mestres en educación fisica, adestradores nacionais de balonmán...).
Que é para nos o balonmán?
Para nos o balonmán é o "cole do deporte" e creemos na formación deportiva en valores ademais da aprendizace dirixida e especializada para cada grupo de idade.
Levamos a cabo ademais dos adestramentos de balonmán moitas mais actividades: Campus deportivos, viaxes a torneos internacionais (en Semana Santa), organización de campionatos e torneos en herba e praia, ademais de outras escolas (por exemplo no Concello de Paiosaco), onde a nosa filosofía de traballo sexa a de usar o balonmán como vehículo formador e experiencias vitais para os nosos nenos e nenas.
Onde facemos as nosas actividades?
Os nenos e nenas de entre 6 e 11 anos adestran no PAZO DOS DEPORTES DE ARTEIXO os martes e xoves de 18:00 a 19:30h., e luns e martes de 16:00 a 17:30h. no CEIP ALFREDO BRAÑAS de PAIOSACO.
Os nenos e nenas de 12 anos en adiante adestran os luns, mércores e venres de 19:00 a 20:30h.
Podo traer ao meu fillo/a a probar a actividade?
Claro que si!!! Poderás vir aos adestramentos durante 3 sesións de xeito gratuíto para coñecer aos nosos adestradores e o noso deporte nos horarios marcados. Ademais levarás unha invitación para poder traer aos adestramentos a algún amig@, veciñ@, prim@, etc...
É unha actividade moi cara?
Unha vez se forma parte do club e se tramita a licencia federativa, os nenos e nenas xa poden disputar encontros contra outros equipos. Loxicamente a competición non é obrigatoria, pero todos os nenos e nenas que a proban gozan dun ambiente moi agradábel onde non existe a presión social e son capaces de competir dun xeito moi san, e coñecer a outros nenos e nenas doutros clubs.
O prezo da actividade de dous días a semana é de 180 euros por tempada (10 meses) e da actividade de 3 días a semana é de 200 euros por tempada (10 meses), é moi barato para tratarse dun clube e non unha actividade extraescolar (se dan facilidades de pago trimestral).
Formaliza a túa inscripción para probar a nosa actividade e ven a divertirte e aprender xogando!!!